background-image

Escola de calor

Nun contexto en que o planeta segue requentándose, cómpre adaptármonos ás novas realidades marcadas polo cambio climático.

Ver

A miña lista

Info

Información

Escola de calor

En Ourense, dous investigadores puxeron en marcha unha escola de calor para analizar o confort térmico da cidade das Burgas contando coa participación da cidadanía. Ademais soubemos como pode repercutir este exceso de temperatura na tempada de furacáns e na presenza na atmosfera de gases contaminantes e moi nocivos para a saúde, como o ozono. Tamén nos achegamos á Costa da Morte para compartir unha xornada de limpeza de praias coa asociación Mar de Fábula e con máis dun cento de escolares.