background-image

Cervexa, sonificacións e poesía

X Noite Efervescente desde Sobrado dos Monxes

Ver

A miña lista

Info

Información

Cervexa, sonificacións e poesía

Celebramos a X Noite Efervescente en Sobrado dos Monxes, unha festa inclusiva para a observación do ceo. Acompáñannos Ángel Vidal para falar dos pementos de Padrón e os nosos estreleiros Javier Pérez Couto e Martin Pawley para contarnos a Guía do Ceo do verán. A música e a poesía virán da man da poeta Estíbaliz Espinosa e o pianista Juanjo Fernández. As sonificacións do investigador do Instituto de Astrofísica de Andalucía Rubén García Benito permitirannos converter datos do universo en imaxes sonoras. José Manuel López Vilariño explicaranos como a biotecnoloxía permitiu crear unha auténtica cervexa de abadía con lévedos recollidos no propio mosteiro de Sobrado.

Presentado por Manuel Vicente