Ver
Informativo con Silvia Pereira. Na recepción do rei Felipe VI co presidente da Xunta o pasado 7 de maio Alfonso Rueda levou como presente pezas da colección" O mundo do revés. Coctelería peliqueira", da artista Laura Delgado, á que entrevistamos. O poigrama: Sobre cafés, móbiles que gravan, chaves perdidas e mortos que votan. A bóla extra: Cadeiras, sofás, comodidade e dor de costas O concurso 'A canción do verán 2024' da CRTVG xa ten gañador. O tema 'Vaivén', do artista galego G Face, será a banda sonora dos medios galegos durante os vindeiros meses. GFace é Gabriel Fandiño, que pasou polo estudio multimedia da Radio Galega para falar con nós. O miolo: China e as represalias comerciais centradas na importación do porco.