Ver
Informativo con Silvia Pereira. Día Internacional da Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA). Entrevistamos a Susi Seoane, diagnosticada da enfermidade en setembro de 2021. O mundo raro de Pedro Feijoo: cancións “incorrrectas”. A bóla extra: o momento das notas de fin de curso. A Fundación SGAE conmemora hoxe o Día Internacional da Música coa celebración do Festival Acento. Carlos Ares, De Vacas, Carolina Rubirosa, Gargantúa e Abraham Boba participan no evento. Hoxe viñeron de convidadas De Vacas. Consellos con sexo con Martina González Veiga. “O meu problema é que me cansan as pernas cando estou abaixo”. Unha das dúbidas respondidas pola nosa experta. Músicas con Moncho Lemos.