background-image

É seguro voar tralas interferencias de Rusia no GPS dos avións comerciais?

Susana Romero é controladora aérea no aeroporto de Santiago e secretaria de comunicación de USCA

Ver

A miña lista

Info

Información

É seguro voar tralas interferencias de Rusia no GPS dos avións comerciais?

Nos últimos meses véñense producindo interferencias no GPS dos avións que voan aos países do Báltico e tamén noutros puntos de Europa como Polonia ou Alemaña, principalmente, ademais de Oriente Medio. Estas interferencias estarían provocadas por Rusia, nun intento de dificultar a navegación dos avións de pasaxeiros, e como unha resposta ás sancións de Occidente e ao apoio á Ucraína. Con Susana Romero, controladora aérea no aeroporto de Santiago, coñecemos tódolos datos e ata que punto é seguro ou non voar nestas latitudes.