background-image

España 1-0 Albania

A Selección Española derrotou a Albania pola mínima coa segunda unidade. O debú como titular de Joselu Mato foi o máis destacado para os nosos

Ver

A miña lista

Info

Información

España 1-0 Albania

España cumpriu o trámite diante de Albania. reservando o groso dos titulares das dúas primeiras xornadas xa pensando nos oitavos de final,. Ferrán Torres marcou o gol do partido no minuto 13 ao cruzar un pase en profundidade de Dani Olmo. Comezara moi forte a selección española con ocasións de Merino e o dianteiro de Silleda Joselu. A partir do gol acougou España, que seguiu dominando á inocente Albania, pero sen xerar moitas oportunidades. O segundo tempo principiou cunha clara de Joselu que rematou de xeito acrobático un centro de Grimaldo. De La Fuente comezou a facer trocos reservando a Laporte e dándolle a posibilidade de debutar a Fermín. O partido baixou de ritmo e Albania aproveitou para buscar o gol e ter así algunha posibilidade de clasificación. Pero o marcador non se movería grazas ás intervencións de Raya e España rematou a primeira fase con pleno de puntos.