background-image

Convivir 27-06-2024

Contra os prexuizos sobre os xitanos. Protocolo para mellorar os partos con cesarea. Baixa o consumo de froitas e hortalizas

Ver

A miña lista

Info

Información

Convivir 27-06-2024

A etnia xitana é a minoría máis discriminada en España. AGARESO, a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social, organiza varias actividades para acabar cos discursos de odio e os estereotipos sobre as persoas desta etnia; un problema do que falamos coa técnica de proxectos, Uxía Pérez. A subdirectora xeral de Atención Primaria, Sinda Blanco, e Tamara Blanco, da plataforma Loita, explícannos os beneficios do Protocolo de Acompañamento e Pel con Pel nos partos con cesárea, que agora se aplicará en tódolos hospitais galegos. O consumo de froitas e hortalizas reduciuse nun 13 por centro tras a COVID. Conversamos coa responsable de AECOP, o xerente da cooperativa Horsal e o nutricionista Manuel Botana sobre os motivos e as implicacións na saúde. Entrevista a concelleira de Benestar Social de Silleda, Ángela Trotiño, sobre as medidas que van implantar no municipio en colaboración con COGAMI.

Presenta Laura Fresneda