background-image

Frear a discriminación ás mulleres xitanas

AGARESO desenvolve actividades para acabar cos prexuizos e os estereotipos

Ver

A miña lista

Info

Información

Frear a discriminación ás mulleres xitanas

A etnia xitana é a minoría máis ampla pero tamén a máis discriminada en España. Un estudo elaborado pola Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social en varios centros educativos concluíu que hai un elevado nivel de machismo e racismo, en especial contra os rapaces e rapazas de etnia xitana. Estes mozos son vistos como conflitivos e vagos. Uxía Pérez, técnica de AGARESO, incide na necesidade de construir novas narrativas contra estes estereotipos e os discursos de odio e, ó mesmo tempo, de traballar coas mulleres xitanas para atender as súas demandas.

Entrevista de Laura Fresneda