background-image

Tres peixes voando 30-06-2024

Dúas voces atlánticas e mil cancións por descubrir.

Ver

A miña lista

Info

Información

Tres peixes voando 30-06-2024

No noso caderno de bitácora atopamos as voces galegas de Mondra xunto ás Fillas de Casandra, Brais Morán, Os Cempés, Sheila Patricia ou Tiruleque. De fóra das nosas fronteiras chegan as voces de Gabriel o Pensador, Joe Jackson, Subsónica, Cêu, Carola Ortiz, Dominique A ou Marcelo Camelo. Falamos cos tres membros do grupo Alana sobre o seu novo disco "O xeito á cántigha". Cantamos ao vivo "Lúa nova" e "Estrela". Nos fondos musicais lembramos o disco "Coffee and cigarettes" de Bill Evans.Mergulládevos con nós, deixádevos abanear polas ondas do acuario dos Tres peixes voando.

Presentan Xavier Díaz e Guillerme Fernández