Ver
Informativo con Silvia Pereira. O aceite de oliva xa levará IVE dende hoxe. En Aceites Abril agardan un aumento das vendas a prezos máis estables. Falamos coa directora de márketing da empresa galega. A gaiteira Susana Seivane anuncia emocionada un parón na súa carreira para tratarse dunhas dores nos dedos que teñen a súa orixe nunha “somatización” relacionada cun cadro de ansiedade. O Concello de Cedeira restrinxe o uso de auga de abastecimiento municipal para a bebida e preparación de alimentos polo gromo de gastroenterite. Entrevista a Pablo Moreda, alcalde. A bóla extra: As viaxes de Imserso. Colaboración de Marcos López e Carla Núñez no “Todo mal”. Todo o que debes saber sobre os festivais e nunca te atreviches a preguntar. Alerta no Baixo Miño e O Val Miñor por presuntas vendas fraudulentas a personas maiores. Convidamos a Cielo Martínez, avogada do despacho Rodriguez Gil para falarmos do tema.