Ver
Informativo de Galicia e o mundo Por que este ano non haberá Naseiro? A festa gastronómica por excelencia de Galicia oficializa que non vai saír este ano, estudamos as razóns. Muros e as XIX Xornadas de Cultura Mariñera cun programa cheo de visitas, charlas e música. Falamos coa alcaldesa, María Lago. Celébrase o exame extraordinario da Abau para as persoas que non superaron a convocatoria ordinaria. Entrevista a Llenisel, que se converteu na veciña número 100 mil do Concello de Lugo. Veu de Cuba coa súa filla para reencontrarse coa súa parella. A bóla extra: Ovnis. Comezan as ringleiras en inmobiliarias en Santiago de Compostela de cara ao vindeiro curso. Entrevista ao xornalista Luis E. Ramos, un dos rostros máis coñecidos da CRTVG, convértese en director da Casa de Galicia en Madrid. Radio Galega Música consolídase como a radio temática de referencia en Galicia, sen cortes nin publicidade. O compañeiro Moncho Lemos celebrou connosco o novo éxito do EGM.