Ver
Fillo de fareiro, Manuel Ferrol naceu en Cabo Vilán o 28 de decembro de 1923. Con 27 anos abre en Betanzos o seu primeiro estudio de fotografía, aínda que será en A Coruña onde desenvolva o groso da súa carreira profesional. Autor prolífico, a reportaxe que lle daría máis sona encargoulla o Instituto Español de Emigración en 1957. Trata sobre as despedidas dos emigrantes no peirao coruñés cando embarcaban con destino á Arxentina. Foi correspondente de Televisión Española e formou parte do cadro de persoal do NO-DO.
Presenta Isabel Freire