background-image

Convivir 28-06-2024

A saúde na poboación xitana. Stop hunger, axuda ás persoas en grave exclusión. Plataforma para non perder o patrimonio oral

Ver

A miña lista

Info

Información

Convivir 28-06-2024

O director da escola do cárcere de Teixeiro explícanos como funciona o centro, primeiro dunha prisión de Europa que a UNESCO inclúe na súa rede educativa. Coñecemos o proxecto da Fundación Secretariado Xitano para mellorar a saúde desta poboación en conversa coa súa directora territorial, Eva Vera, e coa xefa de Servizo de Estilos de Vida Saudable de Sanidade, Carolina Múñoz. A empresa Sodexo e a súa fundación Stop Hunger axudan a entidades que traballan con persoas en risco de inclusión ou en lugares en situación critica. A súa directora xeral, Carina Cabezas, fala deste labor e da última carreira ciclista solidaria. Achegámonos á plataforma lembrame.gal cos seus responsables, Carolina Fernández e Guss Domarco, decididos a preservar o patrimonio dos nosos maiores.

Presenta Rocío Maquieira