Ver
Informativo con Manuel Estévez Entrevistamos á merecedora da mellor nota da ABAU, a porriñesa Carla Martínez Saborido, que quere ser diplomática: estudará Relacións Internacionais en Ourense. Eva Abal, na súa colaboración semanal lévanos polos fiordos chilenos. Entrevistamos a Martín Barreiro e Ana Mariño pola saído do seu libro “El extraordinario Planeta A” (Editorial Edelvives). Explica de maneira sinxela e amena qué está sucedendo no planeta: O cambio climático. Non hai planeta B. A bóla extra: pisos turísticos e veciños. O soño americano da trombonista Amanda Pinos (solista da Orquestra Sinfónica de Galicia). Está a realizar unha campaña de crowdfunding para estudar un Máster en Trombón nos EEUU. Foi admitida en tres universidades de gran prestixio, pero teñen custos moi elevados.