Ver
Informativo con Manuel Estévez Entrevista a Teresa Suárez, presidenta do Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia, que alerta de que moitos dos pisos alugados a estudiantes universitarios non reúnen as condicións mínimas de habitabilidade. Colaboración de Alejandro Vega, avogado, que na entrega desta semana falou da sentenza pola violación dunha menor en Igualada. A bóla extra: Desfacerse de obxectos grandes que xa non queremos. Entrevista ao gaiteiro/tiktoker Dani Morán, ponferradino de 18 anos que fai versións coa gaita de éxitos de Quevedo ou Kiko Rivera e quere estudar Medicina en Santiago. Foi sorprendido en directo por Carlos Núñez, o seu grande referente. Kike Madalena achéganos como se viven as horas previas da semifinal España-Francia nun establecemento hostaleiro especializado en emitir eventos deportivos.