background-image

Decisión sen convicción

Algunha vez tomastes unha decisión sen estar convencidos só porque os demais vos dicían que era o mellor?

Ver

A miña lista

Info

Información

Decisión sen convicción

Biden finalmente retirouse, pero sen moitas ganas. Fíxoo pola presión dos demais. Levabamos días nos que cada vez eran máis as voces que pedían a súa retirada e, aínda que el se resistía, acabou cedendo. E vós? Algunha vez tomastes unha decisión sen estar convencidos só porque os demais vos dicían que era o mellor? Cantas veces vos deixastes arrastrar polos consellos da vosa contorna sen estar moi convencidos? Arrepentístesvos de deixarvos arrastrar? Ou pola contra sodes de fiarvos do voso instinto aínda que todo o mundo opine o contrario?

Presentado por Cristina García