Camilo José Cela e Carles Fontserè

312 fotografías en branco e negro que Carles Fontserè lle enviou a Camilo José Cela

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Camilo José Cela e Carles Fontserè

O CGAC adquiriu en 2016 o arquivo fotográfico de Camilo José Cela, que ata ese momento estaba depositado na Fundación Camilo José Cela en Iria Flavia, en Padrón. Este arquivo está composto por tres conxuntos de fotografías e negativos que foron utilizados polo escritor para proxectos literarios e libros, como as fotografías realizadas por Carles Fontserè para Nueva York amarga. Este traballo non chegaría a publicarse, aínda que o autor escribiu cinco textos moi breves, cuxos manuscritos se conservan hoxe no arquivo da Fundación Camilo José Cela. Este conxunto conta con arredor de 312 fotografías en branco e negro que Carles Fontserè lle enviou a Camilo José Cela en varias quendas desde 1966, tras unha viaxe de Cela a Nova York, ata 1971. Miguel Ángel Cagigal, o Barroquista, visitou esta exposición, que reconstrúe a historia dun libro inconcluso e dunha relación de amizade.