Ver
Falamos coa nutricionista Rosana Alonso sobre Yuca, a aplicación que supostamente che di se os produtos da túa cesta da compra son bos, malos, mediocres, etc. É fiable? Non perdas a primeira hora do programa para sabelo! Falamos tamén de iniciar aos máis cativos no mundo das motos, do dereito á honra coa nosa avogada Ana Camiño, da formación profesional en gandaría no IES Melide e de moitos temas de tráfico co especialista en seguridade vial Maximino Pérez (multas por non pasar a ITV, a síndrome do carril esquerdo e moito máis). Tamén seguimos profundizando na historia de Xoana I con María e Laura Lara Martínez.
Presentado por Antón Rebollido.