background-image

AldraxeFest, Euphoria, Dani Costas e un dito sobre algo dun forno nun muíño, creo? Algo así era, si. Non? Si, si.

Ver

A miña lista

Info

Información

AldraxeFest, Euphoria, Dani Costas e un dito sobre algo dun forno nun muíño, creo? Algo así era, si. Non? Si, si.

Lucía Junquera viña cunha cunca ben quente de té e non dubidou en derramalo na súa disertación sobre o certame de Benidorm, Eurovisión e todo o que o rodea. No Cineclub tocou serie, a serie de moda, Euphoria, e, ademais, na resaca do episodio máis cómico da tempada. Unha que non sae na banda sonora de Euphoria, pero que ben podería,é Dani Costas, que pasou con galóns polo Cuestionario Z. E unha semana máis, Silvia López López ponnos a cabeza do revés traéndonos o saber popular dun dito sobre fornos e muíños e pan queimado que, non sabemos como, pero faino sempre, fiou fantásticamente coa cultura pop. A sapiencia e os coñecementos tráennos Sara Donoso, que nos achega á arte de Sara Loureiro, e Cibrán Tenreiro somérxenos no novo disco de Fotocopia, o proxecto de Teo Cid.