background-image

Diario cultural 29-09-2023

Benxamín Vázquez é o autor da guía 'Gárgolas de Compostela' xunto con Xaime Cortizo. Eva Mejuto tráenos 'Os camiños de Dorothé' e 'Pícache a curiosidade?'

Ver

A miña lista

Info

Información

Diario cultural 29-09-2023

Santiago de Compostela é quizais a cidade europea con maior densidade de gárgolas, esas máscaras pétreas —enigmáticas, divertidas, transgresoras— que nos contemplan desde o alto a partir da Idade Media. Hai máis de 300, e nesta pioneira guía trilingüe (galego, castelán e inglés) selecciónanse 30 das máis singulares, nunha ollada nova e moi sorprendente da nosa capital. Publicada conxuntamente polo Consorcio de Saniago de Compostela e a Editorial Alvarellos, a guía conta coas fotografías de Xaime Cortizo. Nós quedamos con Benxamín Vázquez, autor da guía, xornalista xubilado e escritor, polas rúas de Compostela para falarnos das 'Gárgolas de Compostela', a súa guía para coñecelas. A nosa experta en literatura, Eva Mejuto, preséntanos dúas obras: 'Os camiños de Dorothé', libro-disco inspirado nas recollidas de Dorothé Schubarth; e 'Pícache a curiosidade?', álbum asinado por Maria Canosa e Ro Ledesma.

Presentado por Belén Regueira