background-image

Lucía Junquera vs. Mark Zuckerberg, 'Belfast', Pauliña e 'Ós ricos ata lles paren os bois'

Lucía pechou a súa páxina de Facebook.

Ver

A miña lista

Info

Información

Lucía Junquera vs. Mark Zuckerberg, 'Belfast', Pauliña e 'Ós ricos ata lles paren os bois'

Lucía pechou a súa páxina de Facebook. Fíxoo, pero tívoa que volver abrir para poder usar Spoti. E como non lle saíu ben esa primeira actuación contra Mark Zuckerberg, chegou ós estudios da Radio Galega e sentou cátedra. Na sesión de Cineclub, Celia Riande acudiu unha vez máis ás salas para ver Belfast, o personalísimo filme de Kenneth Brannagh no que explora as conflitivas rúas da capital norteirlandesa da súa infancia, unha película dura e tenra a partes iguais. Anxo Fariñas decidiu pór a proba á artista galega Pauliña, que deixou constancia da súa integridade como artista, que a leva a non calar e a non ser Bertín Osborne ou Don Omar. A nosa catedrática refraneira Silvia López López volve ó que moitas veces torna o noso oficio: odiar ós ricos; desta volta, con "Ós ricos ata lles paren os bois". No referido ás colaboracións, Sara Donoso lévanos ás marxes da cultura, a aquilo que se crea fóra do abeiro das institucións, como fai o colectivo coruñés, de Montealto para máis inri, Acéfala, do que nos visitou Adrián Rodríguez. Pola súa banda, Cibrán Tenreiro quíxollo pór difícil a Lucía Junquera, facéndoa escoitar e comentar unha escolma de músicas moi especial.