background-image

Perder a voz, 'Turning red', Sabela e non durmir coa ansia

Lucía Junquera reflexiona sobre a voz, ou, mellor escrito, A Voz.

Ver

A miña lista

Info

Información

Perder a voz, 'Turning red', Sabela e non durmir coa ansia

Vixésimo Diario Cultural Zeta! Lucía Junquera reflexiona sobre a voz, ou, mellor escrito, A Voz. A perda da propia, a perda das nosas voces preferidas, as voces amigas e alleas, as voces perfectas ou imperfectas e, o máis importante: todo o que poden transmitir. Celia Riande viu 'Turning Red', pero nada lle parece para tanto, sobre todo, a poeira que o debate arredor dela espertou. Vai sobre a menstruación? Non o parece. Por outra banda, Anxo Fariñas exprimiu os seus poderes para conseguir que afrontase o Cuestionario Zeta nada menos que Sabela Ramil! E Silvia López (López) veunos falar de algo que sempre se dixo, ou iso defende: "quen ten ansia, non dorme". Lóxica ten e polo menos este collémolo a primeira, pero, para asegurarse, decidiu explicárnolo con referencias como Verto, Álvaro de Luna ou Bad Bunny e Rosalía, aíé nada. Brais Romero despídese do Zeta como colaborador, entregando o testemuño a Jesús Silva e facéndonos sentir un pouco reemprazables; por sorte, a nosa colaboradora da arte Sara Donoso vén salvarnos e ameaza con montar un sindicato e tráenos unha conversa con Iria Vázquez, presidenta d'A Colectiva.