background-image

Abrazar a diversidade, cousas estrañas, Bruno Arias e ter un xuíz na porta do estudio

Lucía déixanos unha reflexión sobre as etiquetas e facerse visible como disidente.

Ver

A miña lista

Info

Información

Abrazar a diversidade, cousas estrañas, Bruno Arias e ter un xuíz na porta do estudio

Diario Cultural Zeta número 30, unha década estraña, se me preguntas. Tan estraña como as cousas que pasan en Hawkins, que entre demogorgons e as opinións de Celia, non levantan cabeza. Pero antes de comentar Stranger Things, Lucía déixanos unha reflexión sobre as etiquetas e facerse visible como disidente. No Cuestionario Zeta temos por fin a Bruno Arias, e algo debeu facer Silvia, que co seu refrán provocou que tiveramos a un xuíz na porta do estudio. Unha vez aclaradas as nosas ilegalidades, viñeron os colaboradores habituais, Ana Abad e Cibrán Tenreiro. Escoitade o programa, que nos dá moito traballiño facelo.