background-image

Alberto Cernadas, Lady Di en 'Spencer', Xoana e unha reserva de risas para as choras

Alberto Cernadas, que nos guía entre os fíos que unen a electrónica co trad no panorama galego e na súa música en particular.

Ver

A miña lista

Info

Información

Alberto Cernadas, Lady Di en 'Spencer', Xoana e unha reserva de risas para as choras

Comezamos o sexto Zeta falando co músico e produtor musical crnds, Alberto Cernadas, que nos guía entre os fíos que unen a electrónica co trad no panorama galego e na súa música en particular. No CineClub sometemos a exame 'Spencer', o retrato que fai Pablo Larráin dos días que Diana de Gales pasou en Sandringham House en decembro de 1991; polo Cuestionario Zeta pasa con moito tino e sen veleno nos seus dardos a cantante Xoana, e, na nosa sesión refraneira do Meu Dito Meu Feito gardamos das risas que botamos para cando toquen choras. E o coñecemento que faltaba chega da man de Brais Romero, que nos invita explorar os fotogramas do novísimo cineasta vigués, Víctor Soho; e tamén con Sara Donoso, que cruza a Raia ata Monção para introducirnos ó programa Arte em trânsito.