A tarde 02-10-2023

Síndrome vespertina, un novo ordenador cuántico, cursos de costura, diabete e moito máis!

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

A tarde 02-10-2023

Falamos cos responsables de La Mapache, na Coruña e Santiago de Compostela, sobre a volta dos seus cursos de costura. Neles pódese aprender a facer certas prendas nunha soa clase! Tamén falamos dun superordenador cuántico que se presentou hoxe mesmo e queriamos saber en que consistía. No eido da saúde falamos co noso colaborador o doutor Norberto Proupín sobre a diabete, os tipos que hai, o coidado que deben ter estes enfermos e demais temas. Ademais, quixemos coñecer a síndrome vespertina que sofren moitas persoas maiores con demencia. Para iso pasamos consulta con Miguel Anxo Alvarez González, xerontólogo, que nos deu moitas chaves: moito coidado coa luz, por exemplo.

Presentado por Antón Rebollido.