A tarde 04-10-2023

Un programa moi de fauna: gatos con sobrepeso, chinches, velutinas...

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

A tarde 04-10-2023

Como solucionar pragas de velutinas, de chinches, de bicherío de todo tipo? Respondémolo na primeira hora do programa! E Antonio González Cantalapiedra, director veterinario do Hospital Rof Codina, tamén nos deu chaves para coidar aos nosos gatos, pois hai moitos con sobrepeso. Pasou polos micros da Radio Galega Carlos Arévalo para presentarnos o espectáculo 'Play Phil Collins Music Tribute', coa súa banda 'The air tonight band'. Charlamos tamén coa escritora, xornalista e divulgadora especializada en sexualidade Noemí Casquet para presentar ‘Éxtasis’, a súa última novela, que ademais, está ambientada na capital de Galicia. Xiana Albor, a nosa colaboradora especialista en medio ambiente, veunos falar sobre o Carbono 14 e o que non sabemos del. E para poechar o programa, o dúo galego que compoñen as mozas Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras (Caamaño & Ameixeiras) presentáronnos "Ai de min", segundo e último sinxelo de adianto do que será "Quitar o aire", o seu novo disco.

Presentado por Antón Rebollido.