A tarde 05-10-2023

O mundial en España no 2030 e as maletas de cabina gratuítas nos avións

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

A tarde 05-10-2023

Na primeira hora do programa tivemos a oportunidade de falar con Susi Villanueva, a famosa profesora de Youtube. Tamén falamos de sendeirismo con Jaime Larriet, licenciado en educación física e montañeiro, sobre como debemos realizar esta práctica. Na colaboración semanal A Tribo, da xornalista Raquel Rosa, falamos da morte xestacional e perinatal e para iso charlamos con Patricia Caamaño, presidenta de 'Bolboretas no ceo' e nai en dó e tamén con Olaya López, nai que sufriu tamén este tipo de perda e que visibiliza o tema nas súas redes. Valoramos tamén neste espazo radiofónico o feito de que España sexa un dos 6 organizadores do Mundial do 2030. Ademais, o noso colaborador especializado en consumo, Miguel López Crespo, veunos comentar a decision do parlamento de promover a gratuidade da equipaxe en cabina nos avións. E pechamos o programa falando de colesterol co cardiólogo Rafael Vidal, pois só un de cada oito galegos considera o colesterol elevado como responsable directo da enfermidade cardiovascular.

Presentado por Antón Rebollido.