A tarde 06-10-2023

Un programa para debatir! Falamos da oratoria, de ir por cogomelos e recoñecelos, de tinturerías e moito máis

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

A tarde 06-10-2023

Falamos con Angel Puza da Tintorería Imperial sobre este traballo e sobre a loita contra as manchas. Nesta primeira hora tamén tivemos unha clase con Floro Andrés Rodríguez para saber recoñecer cogomelos e para collelos correctamente: con navalla e xamais en bolsas de plástico! O noso colaborador latinista Xosé Antonio López Silva veu falarnos na súa Vía Clásica do deus Marte, mentres que o noso outro colaborador de venres, Agustín Vázquez, decobreunos o mundo do turismo mineiro. Ademais, a psicóloga María Esclapez estivo de visita estes días por Galicia e veu presentar aos micros da Radio Galega ‘Tú eres tu lugar seguro’, a súa última publicación. Para pechar o programa falamos con Candela Pascual, Manuel Ortigueira, Alberto Castellanos e Andrea Iglesias sobre o Clube de Debate Compostela e sobre a importancia da oratoria en moitos ámbitos e niveis da vida.

Presentado por Antón Rebollido.