Protagonismo para o baloncesto co inicio dunha nova temporada na LEB Ouro, na que compiten dous equipos galegos, o COB e o Basquet Coruña, que xoga xa o venres co Betis en Sevilla. No fútbol, analizamos os problemas do Celta nos últimos minutos e a previa do Arenteiro-Teruel do sábado.