Ver
Os do Galicia Emerxe son concertos en directo pero sen público. Cousas da pandemia. Pero a cantautora coruñesa Silvia Penide reivindica na súa música o papel imprescindible do público nos concertos. 'Los días de plomo', o seu último traballo,é unha chamada a recuperar a vella normalidade e a volver a desfrutar da música en directo.