Pauliña

A Consellería do Ritmo recibe a Pauliña, unha desas artistas tan necesarias nunha escena musical demasiado dominada polos homes.

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Pauliña

Desta volta, a Consellería do Ritmo recibe a Pauliña, un furacán, unha excelente conversadora e, sobre todo, unha desas artistas tan necesarias nunha escena musical demasiado dominada polos homes. Pauliñaé unha moza de vinte e cinco anos, chega dende Cambados, fai vida en Santiago de Compostela pero tamén deixou pouso en Ourense ou mesmo en terras británicas. Ten un terceiro disco publicado por Xonix Records, "Testemuñas", co que Pauliña enfoca a súa visión artística e ese taméné un argumento para recibila con gusto na Consellería. Pero durante esta conversa haberá tempo para falar de música e doutras cousas non menos importantes.