A tarde 10-10-2023

Un programa dende o máis curioso: zapatillas voadoras, trucos de cociña, comunidades de veciños e moito máis!

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

A tarde 10-10-2023

Falamos de trucos de cociña con Nieves Lorente: podemos facer castañas no micro? Como evitamos cheiros na cociña? Que se pode facer no micro que creamos que non? Tamén falamos na primeira hora con Manuel Mosqueira Ouréns, podólogo experto en podoloxía deportiva, sobre o uso das zapatillas para correr. Todo isto ao fío das zapatillas voadoras dun só uso empregadas pola atleta Tigist Assefa. Falamos con Ana Camiño, a nosa colaboradora especializada en dereito civil, sobre as normas de convivencia nas comunidades de veciños. Mentres, na colaboración de tráfico con Maxi Pérez, falamos da ITV e todo o relacionado con ela. Tamén tivemos unha bonita conversa con algún dos protagonistas do documental 'Lar', unha peza audiovisual que ensalza as relacións entre netos e avós e a vida no rural. Para pechar o programa achegámonos á vida da presentadora Raquel Atanes!

Presentado por Antón Rebollido.