Dar a "chapa"

A Bóla Extra 12-10-2023

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Dar a "chapa"

Na bóla extra de hoxe, partindo da experiencia na “mili” da Princesa Leonor, imos falar de “chapas”. Que é isto? Hai xente que ten especialidade en “dar a chapa” cun asunto. As historias da mili son un clásico. Hai persoas que lles encanta contar as súas experiencias no servizo militar… Pois hoxe (xa o facemos outras veces, pero hoxe especialmente) estamos abertos a soportar a vosa “chapa”. Que é unha historia da mili? Pois contádenola… Que tedes outra teima da que vos encanta falar? (fútbol, as vosas viaxes, os vosos ligues…) Adiante, hoxe é o día… E, sobre todo, se queredes aproveitar esta plataforma para denunciar a eses “chapas”, a esa xente pesada que cando vos colle por banda empeza a contarvos unha historia en non vos deixa en paz, aproveitade!