Somos barbie

Convidada de luxo e que non nos visitaba desde a Sison 3: María Xosé Rodríguez.

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Somos barbie

Chegou o momento! POR FIN volve o COMO QUE NON?! cunha convidada de luxo e que non nos visitaba desde a Sison 3: María Xosé Rodríguez. Ela e Carlos Tresandí recordarán vellos tempos. Ademais volve o CCC de Pepe Capelán que seguirá atendendo as consultas dos oíntes, coma a dun oínte galego que vén de retornar de Madrid. Está de volta o noso director de contidos Fran Rodríguez despois de varios meses en Honduras. Dani Lorenzo incorpórase á nómina de colaboradores. Alejandro Martínez "Pini" continúa aos mandos da dirección técnica e este ano terá que enfrontarse a Efemérides Aleatorias. Fernando RqR está chegando e continúa por quinta tempada consecutiva no programa. Hai chamada telefónica que atende Carlos Tresandí e música en directo con Los EP (Alberto Cunha, Andrés Cunha e Chus Dasilva) versionando un tema de Los Brincos: "Tú me dijiste adiós".