background-image

Hackeo para dummies e a morte como estratexia de marketing

Ver

A miña lista

Info

Información

Hackeo para dummies e a morte como estratexia de marketing

Esta semana os de seguridade estaban de vacacións e deixaron pasar ao estudio do Zeta a unha hacker. Elaé Helena Castro, e en dous minutos revoluciona o programa coas súas habilidades para mercar cousas por internet e "saltar" o pagamento (cousa que non fai, claramente, porqueé unha hackerética.) Tamara Andrés convida Sica Romero, autora dunha das novelas zetas do pasado ano, 'Avelaíñas eléctricas', que ademais fai chistes sobre morrer e vender máis libros. Ana Abad pon de manifesto que a adolescenciaé unha etapa de fantasía co monólogo cómico de Mariña Lestón. E por último, visitamos Roma e O Vaticano coa xornalista Marina García Diéguez, cando aínda está quente o enterro de Bieito XVI (quente informativamente).