background-image

Sororidade, fungos asasinos e arte en Bristol (esa cidade a medio camiño entre Lugo e Ourense)

Ver

A miña lista

Info

Información

Sororidade, fungos asasinos e arte en Bristol (esa cidade a medio camiño entre Lugo e Ourense)

As nosas saídas do Padornelo lévannos esta semana ata Bristol con Julio Pérez Ferreira, estudante de música. Pensabamos que Bristol estaba no Reino Unido, pero calquera que escoite a Silvia sae coa idea de que está na provincia de Lugo, incluíndo a Banksy e familia (coñecida novela de Álvaro Cunqueiro). Jesús Silva preséntanos á produtora todoterreo Silvia Fuentes. A ver se alguén nos sabe dicir a cifra exacta de películas nas que está metida. Non faltan esta semana os Clázicoz con Z de Lucía, cun dos grandes nomes do faminismo galego, Begoña Caamaño. A xornalista escribiu un libro fundamental para entender a palabra sororidade, 'Circe e o pracer do azul'. A cara B pona Marta cos seus videoxogos, xa que nos leva á pandemia fúnxica que protagoniza The Last of Us, agora tamén en serie en HBO. Para rematar, Álex Gándara proponnos algúns nomes de artistas portugueses aos que seguir (que canten en portugués, por suposto, que non queremos anglófonos).