background-image

Conversas interxeracionais, galerías con moita luz e música en alta fidelidade

Ver

A miña lista

Info

Información

Conversas interxeracionais, galerías con moita luz e música en alta fidelidade

Diario Cultural Zeta 3x19: Nunca sabes o que podes aprender escoitando aos demais. Andrea Maseda dirixiu o proxecto "(Re)conexión" e puxo diante da cámara a mulleres maiores da provincia de Lugo, e detrás da cámara a adolescentes dos mesmos concellos. As conversas interxeracionais non teñen perda. Con Sara Donoso entramos na galería Patio de Luz de Santiago, que dirixe María Xosé Domínguez. Se algunha vez pasades por diante, entrade, que María Xosé vaivos recibir cos brazos abertos (tamén dixo algo do tarot). Nos Clázicoz con Z revisamos 'Alta Fidelidade' de Nick Hornby, un divertido clásico musical, pero que quedou un pouco masculino a día de hoxe (sempre nos quedará a serie de Zoe Kravitz). Ana Abad preséntanos a compañía Souvenir, formada por María de las Llanderas e David Alonso, que teñen claro que o importanteé pasalo ben no proceso de creación. E para rematar, novo videoxogo comentado por Marta, que noné moi fan de O señor dos aneis, pero fai unha excepción con Gollum.