background-image

Pequeno álbum do Zeta en inverno: Ancoradas, Alcatrán, NY, Acariño e Maruja Roca

Ver

A miña lista

Info

Información

Pequeno álbum do Zeta en inverno: Ancoradas, Alcatrán, NY, Acariño e Maruja Roca

Diario Cultural Zeta 3x21: Un pequeno álbum (dunha hora), zeta (por motivos evidentes) e en inverno (semi evidente vendo as temperaturas). Con cada entrevista, cada sección deste programa, conformamos un álbum fotográfico que quedará para o recordo, para as nosas netas, se a vida nos chega a tanto. A portada pona Lucía Otero Pazos, como boa fotógrafa, co seu proxecto 'Ancoradas' de retratar ás mulleres maiores da súa contorna. Sara Donoso mira ao que acontece na Facultade de Belas Artes a través do proxecto 'Alquitrán' de tres estudantes. Visitamos Nova York en 'Máis alá do Padornelo' con Sandra Bellas, que nos deixa unhas postais espectaculares da cidade que non dorme. O que aproveita cada momento para sacar a cámara é Andrés Sanjurjo, da produtora Acariño Films e convidado de Jesús Silva, que non para de traballar. A contraportada ao álbum pona un dos grandes nomes da nosa fotografía, Maruja Roca, recuperada recentemente por Nieves Neira Roca nun libro de aCentral Folque, queé o noso Clázico da semana. Escóitanos ou pasa polo Youtube para facernos unha captura de pantalla.