background-image

O mellor croissant está en Portugal. Eseé o titular

Ver

A miña lista

Info

Información

O mellor croissant está en Portugal. Eseé o titular

Non poderiamos resumir mellor o programa que anunciando que os mellores croissants do mundo están no Algarve portugués. Non o dicimos nós, senón Lucía Salceda (en quen confiamos plenamente), lectora no Centro de Estudos Galegos do Algarve e a quen visitamos esta semana en 'Máis alá do Padornelo'. Saímos tamén ata Berlín con Jesús Silva e os protagonistas de 'Sica', o filme galego-catalán presentado na Berlinale. Nos Clázicoz con Z reparamos na obra de José Saramago (Joze Zaramago). Aprendemos a facer colaxes (con distinta sorte) a conto do "Februllage" e aprendémoslles ás máquinas a falar o galego co proxecto "Falai" (nótese o galego de Lugo).