background-image

Músicas rarísimas, locutoras galas e un Tamagotchi para gobernalas a todas

Ver

A miña lista

Info

Información

Músicas rarísimas, locutoras galas e un Tamagotchi para gobernalas a todas

Diario Cultural Zeta 3x24: Comezamos marzo con tantas novidades no universo cultural zeta que Silvia intenta resumilas todas nunha novas sección, a sección das "Novazz", e aquí falamos de convocatorias para residencias literarias ou para ser xurado dun festival de cine. Alex Gándara vén para poñer músicas raras a propósito (quere dicir que o que pon os outros días noné raro) e Ana Abad preséntanos a David Vila, deseñador de vestiario para teatro. Nos Clázicoz con Z intentamos resistir esta semana como galas ante a invasión romana, e para iso nada mellor que a pócema máxica de Asterix. O que ten o índice de supervivencia polo chané o Tamagotchi; parece que o trebello dos nosos desvelos infantís volve estar de moda e aí está Marta, a máis moderna das modernas.