background-image

Un cómic composto de viñetas de Paula Cheshire, Evangelion e Detective Conan

Ver

A miña lista

Info

Información

Un cómic composto de viñetas de Paula Cheshire, Evangelion e Detective Conan

Entre cómic, manga ou banda deseñada, o Zeta sería unha tira cómica. O 17 de marzoé o Día do Cómic e da xeración Zeta está saíndo unha das autoras galegas máis interesantes: Paula Cheshire. A de Pontevedra está conectando con moita xente a través de 'El Duelo' (Fandogamia ediciones), un cómic no que relata como se enfrontou á morte da nai. Lucía e Marta unen forzas e seccións para buscar conexións entre os videoxogos, o manga e o anime. Dous "clázicoz" cumpren coa descrición: Evangelion e Detective Conan. Os colaboradores da semana son Sara Donoso, que conversa con Cora Novoa sobre o proxecto Nomes Propios; e Jesús Silva preséntanos a Asociación Memoria e Cinema da man de Coral e Laura Piñeiro.