background-image

Un programa de premio(s)

Ver

A miña lista

Info

Información

Un programa de premio(s)

Diario Cultural Zeta 3x27: Somos finalistas no Celtic Media Festival! Estamos moi contentas e algo incrédulas. Algo así lle pasa tamén á convidada de Sica Romero, porque cando a chamaron (dúas veces!) para anunciarlle que era a gañadora de dous concursos literarios pensou que era broma. Elaé Irene Rega Jul e vén falarnos da súa novela 'A malferida'. Ademais, outra creadora de premio: Susana Villaverde, a dramaturga que nos presenta esta semana Ana Abad e que acaba de gañar o Certame de Microteatro da Memoria coa súa peza 'Espigas Negras'. Celebramos estas boas noticias todas xuntas, desexosas de ir a Irlanda presumir do Zeta. De momento, viaxamos a Xapón con Isabel Pérez no 'Máis alá do Padornelo' e, polo camiño, facemos parada para coñecer o Museo do Videoxogo de Cangas. A banda sonora, en catalán: escoitamos reggaeton e sardana na mesma canción, pero prometemos facer versión estendida dos novos descubrimentos Z nesa lingua.