background-image

A utilidade dun Zeta inútil

Ver

A miña lista

Info

Información

A utilidade dun Zeta inútil

Hai quen di que a cultura non vale para nada, que non dá cartos basicamente. As millonarias que presentamos o Zeta aseguramos que noné certo. Vaia, cartos non dará, pero fainos máis felices. Neste Zeta coñecemos moitas cousas inútiles e felicísimas: nos Clazicoz con Z lemos a Nuccio Ordine e o seu 'A inutilidade do inútil'; con Ana Abad de Larriva descubrimos que "Galicia ilusiona"; con Sara Donoso coñecemos máis sobre as posibilidades de estudar arte; Marta apréndenos a xogar a "Minabo", que cando o di elaé moito máis gracioso; e Silvia ponse de picadiscos coa mellor música para aépoca de exames (para estudar e para celebrar, queremos dicir).