background-image

A pantasma das políticas culturais para a xeración Z

Ver

A miña lista

Info

Información

A pantasma das políticas culturais para a xeración Z

A cousa vai de crossovers, empezando pola visita de Alfonso Pardo! É isto un Convivir Deportivo Z? Tamén recibimos a Román Varela, de Carretando, para preguntármonos que lugar ocupa a cultura nas campañas electorais que nos tolean. Existen políticas culturais pensadas para a xente nova? Por sorte, hai proxectos que si que teñen en conta o talento emerxente. A Mostra de Cinema Periférico (S8)é un deles. Alí estivo o noso colaborador Jesús Silva, que conversou coa cineasta portuguesa Rita Morais sobre unha peza filmada no Bierzo. No tempo de videoxogos coñecemos a Carlos Dorado, de Qaramelo, e como creou un xogo a partir dunha canción de Terbutalina. E, para pechar o círculo, outra mestura interxeracional. Sara Donoso presentounos a Rosa Neutro, unha artista que fai 'land art' coa súa filla de 9 anos.