background-image

Unha tempada delirante do A ao Z

Ver

A miña lista

Info

Información

Unha tempada delirante do A ao Z

Todo o bo ten un final, e con este programa remata a terceira tempada do Zeta. Pero como foi un ano delirante, non baixamos o nivel nin o último día. Delirio Sketches presenta o seu proxecto e crowdfunding (a poñer cartiños) e Mercedes Pezón invade o estudio para falar do famoseo underground galego e algo dunhas bragas de María Lado. Escoitamos coa boca aberta a Nurial Vil resitar en directo e presentar tamén o seu proxecto, Delincuente, que comezará a percorrer as parroquias de Vigo. Pero no último programa quixemos tamén acordarnos de todas as persoas que traballan no Zeta: Bruno Area, Ramiro Santos, Maca Reimúndez e Miguel Grandío fan un crossover de altura (Miguel fainos chorar co seu ukelele) e embriagadas pola emoción despedímonos ata a tempada que vén. Longa vida ao Zeta!