Ondas indies recupera o seu Proxecto Mourente

Carlos Valcárcel tráenos os seus novos traballos de pop electrónico en galego

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Ondas indies recupera o seu Proxecto Mourente

Abrimos decembro coa primeira visita ao programa de Carlos Valcárcel, que vén de sacar tres temas nunha nova fase do seu Proxecto Mourente. Coñeceremos novos cortes de Berto o dos Verto, agora en solitario, e o último dos Boyanka Kostova. E Paco Lamilla abre o Caixón de Xastre para facer soar dúas bandas viguesas, Norde e PurpleFly.