Convidados por compromiso

Cando convidas sen querelo realmente

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Convidados por compromiso

Despois da visita de Xosé Magalhaes, do restaurante Ceibe, no mes de setembro, a próxima etapa do noso particular camiño gastronómico será o xoves 9 de novembro coa visita dun dos chefs con mais proxección de Galicia, Axel Smyth, á fronte do recén inaugurado restaurante Simpar. Axel Smyth desenvolvíaa proposta de Auga e Sal, onde só nun ano obtivo un Sol da Guía Repsol e unha Estrela Michelín. Na actualidade capitanea a cociña do restaurante Simpar, un proxecto que se define como una cociña galega coa calidade por bandeira e unha execución actualizada. O 9 de novembro vainos visitar para desenvolver un menú degustación da man de Pablo Pizarro, chef da proposta de Ceo da Boca en Mercado Boanerges. O menú, de 70 € por persoa, acompáñase dunha maridaxe proposta das Bodegas Regina Viarum e Altos de Torona incluídas no prezo