Nin as galiñas poñían ovos

Marcial Gayoso e Antonio Fonterosa, de 86 anos os dous, acompáñannos da man cruzando o Miño.

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Nin as galiñas poñían ovos

Daquela, cando Galicia e Portugal non compartían rúas e o troco era unha moeda tan forte coma escudo, as realidades das que agora son eurocidades eran moi diferentes entre elas. Unha das diferenzas radica no xeito tan desigual que tiñan de vivir o contrabando. Despois de escoitar falar do orgullo do contrabandista de Feces, Marcial Gayoso e Antonio Fonterosa, de 86 anos os dous, acompáñannos da man cruzando o Miño para achegarnos como se vivía en Amorín, concello de Tomiño, nunha época na que, como din eles, nin as galiñas poñían ovos.