Ver
Este cuarto episodio dedicámolo en exclusiva a coñecer a produción poética de Florencio, desde as súas primeiras 'Trangalladas de meniño... parvadas'. A comarca de Valdeorras, a súa xente e a súa paisaxe inflúen enormemente a súa poesía, como logo o faría a xente e a paisaxe de México. Ademais da poesía, miramos tamén o seu compromiso político e cultural, que se materializou esencialmente en dúas revistas, 'Saudade' e 'Vieiros'. En 'Da poética e a política' escoitamos a Ricardo Gurriarán, Concepción Álvarez Pousa, Miro Villar e Margarita Ledo.