Big Mama Thornton

William Mae 'Big Mama' Thornton acadou un éxito masivo con Hound Dog antes de que Elvis borrase calquera pegada previa coa súa propia versión

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Big Mama Thornton

William Mae 'Big Mama' Thornton acadou un éxito masivo con Hound Dog antes de que Elvis borrase calquera pegada previa coa súa propia versión do tema escrito polo binomio Leiber/Stoller. Cantante, compositoria e harmonicista á que a sorte lle foi sempre bastante esquiva, Thornton escribiu Ball & Chain, peza coa que Janis Joplin tamén triunfou. Neste capítulo da Lista Negra o blues galego chega da man dos históricos Yellow Pixoliñas.